Sidraría Camino

Sidrarías na Ruta

O lagar CAMINO, están situado no Val do Ulla, xardín de Santiago de Compostela, alma de Galicia. A longa historia da finca que hoxe ocupa CAMINO remóntase a documentos escritos do ano 1539.

CAMINO nace como un proxecto empresarial axustado a dous eixos fundamentais: a consistencia da calidade do produto como elemento de garantía, e a adicación ao cliente como elemento referencial na súa actividade diaria. Na actualidade, a imaxe de CAMINO é unha sidra de mazá natural, de cultivo ecolóxico e sen sulfitos engadidos, elaborada con mazás de Galicia das variedades Regona, Raxao e Teórica, recollidas no seu punto óptimo de maduración tardía. A sidra CAMINO viste cunha bonita cor amarela dourado, presentando unha lixeira turbidez como garante dun proceso totalmente natural resultado dun estudo minucioso e respectuoso para coñecer o seu proceso de elaboración e a súa historia.

CAMINO ten previsto un obxectivo de crecemento moi importante para os próximos anos coa elaboración doutros produtos que se atopan en fase de estudo e experimentación.

As visitas serán concertadas con cita previa contactando con Nicolás Andión no 629 585 711

DIRECCIÓN

PRODUCTO ECOLÓGICO BIOIBÉRICA, S.L.

Lugar de A Pica nº 15, Moreira

36688 A Estrada

Pontevedra

CONTACTO

Teléfono: 629 585 711

Email: comercial@caminoatlantico.com

WEB: www.caminoatlantico.com

Instagram: caminoatlantico