Sidraría Ribela
Sidrarías na Ruta
RIBELA, é unha empresa familiar dedicada á produción de mazá ecolóxica e sidra galega, elaborada con variedades autóctonas. Trátase dun proxecto empresarial sustentable situado en Ribela, Concello da Estrada (Pontevedra), inmerso nunha contorna plenamente rural.
En Galicia prodúcese sidra dende a Idade de Ferro pero na actualidade, soamente se mantén esta tradición en certos lugares dispersos. Na comarca da Estrada, entre os vales e ribeiras dos ríos Ulla, Umia e Liñares, as mazás autóctonas permaneceron ata os nosos días.
En RIBELA, elaboramos sidra a partir de mazás locais e ancestrais procedentes de cultivos ecolóxicos propios. Variedades como a Rabiosa, a Raida, Marafouza, Freixerana ou Pementa forman parte dese patrimonio de ata catrocentas variedades diferentes propias de Galicia.
A sidra RIBELA é elaborada de forma tradicional nunha antiga casa de aldea restaurada, deixando que madure no silencio da nosa adega o carón dun impresionante patrimonio histórico, cultural e natural.
As visitas serán concertadas con cita previa os sábados e domingos a través de Jesús Armenteros no número de teléfono 655112386 ou no e-mail jesusarmenteros@ribela.es
DIRECCIÓN
Lugar de Trabadela nº 12 – Sta Mariña de Ribela
36687 A Estrada
Pontevedra
CONTACTO
Email: jesusarmenteros@ribela.es
Teléfono: 655 112 386
Web: www.ribela.es
RRSS:
Facebook: Ribela Craft Cider