Benvido á Ruta da Sidra da Estrada

Falar de sidra na Estrada non é falar soamente  dunha bebida, senón que tamén é falar  de cultura e dunha actividade cunha marcada tradición na zona ao longo dos séculos.

A Ruta da Sidra na Estrada lévanos a visitar as parroquias de   A Estrada, Callobre, Moreira, Agar, Pardermarín, Olives e  Ribela. A ruta  ofrécelle a todas aquelas  persoas que  visiten o concello a posibilidade de adentrarse  nun dos recursos  máis tradicionais da contorna mediante visitas a fincas con plantacións de maceiras ecolóxicas de variedades autóctonas, así como a visita a sidrerías e lagares antigos que manteñen as vellas estruturas de pedra e madeira tallada onde se elaboraba antigamente a sidra.

Esta ruta ten a peculiaridade de que pode ser realizada en tres épocas diferentes do ano, tendo en conta o ciclo de produción da sidra: floración das maceiras, maceiras con froito e finalmente elaboración da sidra.

Froito

Comprende desde xuño a setembro, momento no que as maceiras están con froito.

Os froitos

Sidra

Nos meses de outubro e novembro, realízase a recollida de mazá e a elaboración de sidra.

A Sidra

A actividade está destinada á sidra e a súa produción, pero durante a mesma tamén se pode acceder a outros puntos de interese próximos tales como igrexas, castros, pazos… descubrindo o patrimonio social e cultura da contorna.

A realización da ruta é totalmente gratuíta e tamén pode ser descargada dende a app wikiloc, onde ademais se recolle toda a información da mesma: puntos de interese, fauna e flora, lagares…