Peroja

Sidrerías na Ruta

SIDRA PEROJA, está nunha antiga casa de labranza, da época da primeira desamortización. Construída por un «indiano» foi escola pública de nenos, onde o mestre tiña tamén pensión (foi unha das primeiras escolas públicas).

SIDRA PEROJA, está situada a 340 metros de altitude dende onde existen unhas excelentes vistas do Val do Ulla (zona de Vedra Boqueixón co Pico Sacro e Compostela ao fondo).

Fai anos na zona producíase tanto viño como sidra, sendo o viño de rango superior e a sidra como bebida de menor valor que se lle daba aos xornaleiros.

Polos anos noventa,  cando  a labranza perdeu peso na zona, decideuse como iniciativa orixinal e pioneira o cultivo en extensivo da mazá da sidra e no 2010 SIDRERÍA PEROJA comeza a súa andadura facendo sidra para consumo propio, para amigos e para coñecidos que cada vez a demandaban máis. A partires desta demanda  no ano 2014 tras o acondicionamento do local e da maquinaria, obtense o rexistro sanitario e no ano 2016 nace SIDRA PEROJA como tal.

Os visitantes poderán ver o lagar orixinal de 200 anos e a actual sidrería, ademais de poder ver as maceiras que están ao redor da casa cunha extensión de 4 hectáreas.

Poderanse realizar visitas ao lagar mediante cita previa en grupos de 10 a 30 persoas con ou sen degustación a través dos números de teléfono 669 88 0542 , 616 440 512 ou mediante o email victoragar11@yahoo.es

DIRECCIÓN

Lugar Outeiro nº 11 – Agar

36685 A Estrada

Pontevedra

 

CONTACTO

Teléfono: 669 88 0542616 440 512

Email: victoragar11@yahoo.es

Facebook: Victor Peroja